Trobadores, cancións e memoria: as redes da lírica galego-portuguesa
Summary
Excerpt
Table Of Contents
- Cubrir
- Página de título
- Página de derechos de autor
- Contidos
- Lista de figuras
- Lista de táboas
- Trobadores, cancións e memoria. Introdución (Déborah González)
- 1 Enredos e desenredos da rede lírica galego-portuguesa (Déborah González)
- 1. Introdución: as relacións da lírica galego-portuguesa
- 2. Categorías
- 2.1. Tenzóns
- 2.2. “Debate” mediante cantigas
- 2.3. Polémicas literarias e ciclos satíricos
- 2.4. Diálogos (inter)textuais: unha cantiga “responde” a outra
- 2.5. Implicación e mención nas sátiras
- 2.6. Eloxios e prantos
- 2.7. Contrafactura
- 2.8. Parodia
- 2.9. Rúbricas
- 3. Consideración final
- Bibliografía
- 2 Sobre a complexidade das ligações entre trovadores (Ângela Correia)
- Bibliografia
- 3 Nas marxes do contrafactum. Contributo para o estudo da apropiación de discursos alleos na poesía medieval galego-portuguesa (Xosé Bieito Arias Freixedo)
- 1. Introdución
- 2. Caso 1. Estevan Fernadiz d’Elvas e Estevan da Guarda
- 2.1. Interreferencias
- 2.1.1. Estruturais
- Estrutura métrico-estrófica
- 2.1.2. Elementos textuais
- 2.1.3. Paratextos e indicios indirectos
- 2.2. Reelaboración/apropiación do discurso. Procedemento retórico
- 3. Caso 2. Joan Airas de Santiago e Per’Eanes Marinho
- 3.1. Interreferencias
- 3.1.1. Estruturais
- Estrutura métrico-estrófica
- 3.1.2. Elementos textuais/conceptuais
- 3.1.3. Paratexto e indicios indirectos
- 3.2. Reelaboración/apropiación do discurso
- 4. Caso 3. Afonso Lopez de Baian e Paai Gomez Charinho
- 4.1. Interreferencias
- 4.1.1. Estruturais
- Estrutura métrico-estrófica
- 4.1.2. Elementos textuais [con sentido metafórico sexual]
- 4.1.3. Referencia onomástica
- 4.1.4. Referencia ao discurso alleo por medio dun verbo de dicción
- 4.2. Reelaboración/apropiación do discurso. Procedemento amplificatorio
- 5. Caso 4. Pero d’Armea e Pero d’Ambroa
- 5.1. Interreferencias
- 5.1.1. Estruturais
- Estrutura métrico-estrófica
- 5.1.2. Elementos textuais
- 5.1.3. Referencia onomástica
- 5.1.4. Paratextos e indicios indirectos
- 5.2. Reelaboración/apropiación do discurso. Procedemento amplificatorio
- 6. Caso 5. Martin Moxa e A. Gomez
- 6.1. Interreferencias
- 6.1.1. Estruturais
- Estrutura métrico-estrófica
- 6.1.2. Elementos textuais
- 6.1.3. Referencia onomástica
- 6.1.4. Paratextos e indicios indirectos
- 6.2. Reelaboración/apropiación do discurso
- 7. Caso 6. Joan Airas de Santiago, Fernan Soarez de Quinhones e Afonso X
- 7.1. Interreferencias
- 7.1.1. Estruturais
- Estrutura métrico-estrófica
- 7.1.2. Elementos textuais
- 7.2. Reelaboración/apropiación do discurso
- 8. Caso 7. Paai Soarez de Taveiros e Roi Fernandiz de Santiago
- 8.1. Interreferencias
- 8.1.1. Estruturais
- Estrutura métrico-estrófica
- 8.1.2. Referencias textuais e conceptuais
- 8.2. Reelaboración/apropiación do discurso
- 9. Conclusións e cuestións en aberto
- Bibliografía
- 4 Uns cavaleiros de Lemos: poética y política en las cantigas de Lopo Lias (Gema Vallín)
- Bibliografía
- 5 As redes político-persoais na corte de Afonso IV: reinterpretación do ciclo poético sobre Martin Vasquez (Raquel Jabares)
- 1. Introdución
- 2. Presentación do corpus
- 3. Martin Vasquez. Nota biográfica
- 4. O tratado de Escalona
- 5. Cuestións de interpretación léxica no ciclo de Martin Vasquez
- 6. Conclusións
- Bibliografía
- 6 Guiraut Riquier e a transición poética baixomedieval, entre o trobadorismo e a poesía de cancioneiro (Santiago Gutiérrez García)
- Bibliografía
- 7 Memoria y (contra)propaganda lírica de los infantes de Castilla (1252–1295) (Jose Ángel Salgado Loureiro)
- 1. Introducción
- 2. Don Enrique el Senador, arquetipo de infante rebelde
- 3. Don Manuel, la traición de un hermano bienquerido
- 4. Don Fernando de la Cerda, infante heredero, y sus hijos desheredados
- 4.1. La defensa de don Fernando como sucesor al trono
- 4.2. Descalificaciones a los hijos de don Fernando en la corte de Sancho IV
- 5. Conclusiones
- Bibliografía
- 8 Outra ollada ao reinado de Afonso X: as cantigas de escarnio e as relacións entre monarquía e papado (Mariña Bermúdez Beloso)
- 1. Introdución
- 2. Política e poética en tempos do rei Sabio
- 3. ‘Se me graça fezesse este Papa de Roma’ (B463)
- 4. Conclusións
- Bibliografía
- Notas sobre os colaboradores
Lista de figuras
Figura 1: Grafo das relacións entre autores a partir das tenzóns galego-portuguesas, onde se deduce a maior importancia duns autores fronte a outros (González 2023a)
Figura 2: Autores participantes nos ciclos satíricos arriba referidos
Figura 3: Autores galego-portugueses relacionados a través da contrafactura, a partir dos casos xa coñecidos. Puntualmente, sumáronse aquelas conexións con autores doutras escolas aludidas ao longo desta contribución
Figura 4: Correspóndese coa primeira iluminación da columna esquerda do fol. 255v que aparece no Códice rico das Cantigas de Santa María (T-I-1) da Real Biblioteca del Monasterio de El Escorial, Patrimonio Nacional
Lista de táboas
Táboa 1: Estevan Fernandiz d’Elvas e Estevan da Guarda. Elementos textuais
Táboa 2: Joan Airas de Santiago e Per’Eanes Marinho. Elementos textuais/conceptuais
Táboa 3: Afonso Lopez de Baian e Paai Gomez Charinho. Elementos textuais
Táboa 4: Pero d’Armea e Pero d’Ambroa. Elementos textuais
Táboa 5: Martin Moxa e A. Gomez. Elementos textuais
Táboa 6: Joan Airas de Santiago, Fernan Soarez de Quinhones e Afonso X. Elementos textuais
Táboa 7: Paai Soarez de Taveiros e Roi Fernandiz de Santiago. Elementos textuais e conceptuais
Táboa 8: Elementos léxicos, estéticos e retóricos compartidos entre as cantigas dedicadas a Martin Vasquez
Táboa 9: Clasificación das cantigas profanas de Afonso X segundo MedDB (con listado detallado das modalidades e motivos das de escarnio e maldizer) e J. Paredes (2001: 41)
Táboa 10: Proposta de clasificación por temas das cantigas de escarnio de tipo político de Afonso X, mais cantigas doutros autores dos mesmos temas ou directamente vinculados co rei
Trobadores, cancións e memoria. Introdución
Na expansión da cultura trobadoresca a través das cortes ibéricas, ao longo do tempo e do espazo xeográfico, os contactos establecidos entre os distintos axentes implicados ―fosen promotores, autores ou público― non só favoreceron a dinamización do propio movemento poético, senón que tamén propiciaron o intercambio de influencias e o establecemento de diálogos ―entendidos estes nun sentido amplo― que, en diferente medida, poden ser hoxe perceptibles tanto entre as distintas escolas líricas como no seo da galego-portuguesa. Respecto a esta, as conexións coñecidas ou supostas entre os seus autores deseñan unha rede de relacións ampla, que, en moitos aspectos, van máis alá do textual e literario: por exemplo, por formar parte dun círculo cultural e sociopolítico nunhas determinadas coordenadas históricas, polas relacións que se estableceron con respecto a distintos centros de poder e de produción literaria, por vínculos vasaláticos, por ser membro dunha determinada parentela ou aínda por lazos matrimoniais. Consecuentemente, a liña de investigación que se define require dunha perspectiva plural e que necesariamente debe combinar e harmonizar coñecementos procedentes de distintas disciplinas.
Oito capítulos conforman esta monografía. Nunha visión de conxunto, esta abre novas vías para a investigación sobre a lírica galego-portuguesa e para a exploración das relacións entre autores e entre as súas obras, ilustrando a complexidade da rede que se entretece; ademais, ofrécense interpretacións inéditas sobre textos e ciclos literarios concretos, ilustrando, máis unha vez, a dificultade de encarar referencias aos máis diversos personaxes na esfera satírica. Así mesmo, queda de manifesto a conveniencia de atender ás dinámicas literarias, culturais e sociopolíticas que serviron como condicionantes na confección dun determinado texto para poder comprender as súas características, a súa función e o seu sentido profundo.
Os dous primeiros capítulos representan dúas achegas diferenciadas nos seus obxectivos, pero en ambos os casos se recoñece a pertinencia de valorar distintos tipos de relación na análise e deseño desta rede sociocultural e literaria. No primeiro, “Enredos e desenredos da rede lírica galego-portuguesa”, proponse unha taxonomía constituída por distintas categorías a través das que levar a cabo unha exploración das relacións detectables e analizables a partir das rúbricas e das cantigas galego-portuguesas, coa pretensión de dar pasos cara á constitución da rede literaria e sociocultural que caracterizou e condicionou o desenvolvemento do lirismo peninsular. No segundo, “Sobre a complexidade das ligações entre trovadores”, Ângela Correia ilustra, especialmente a través da figura de Joan Soarez Coelho, un dos autores máis polémicos do cancioneiro galego-portugués, a natureza diversa e complexa das ligazóns (que puideron ou non deixar vestixios nos textos líricos), en particular cando existe a vontade de comprender o valor e o sentido de alusións e referencias (máis ou menos explícitas) rexistrables nas composicións.
No terceiro capítulo, a atención céntrase en certas relacións literarias detectables entre series de cantigas. En concreto, en “Nas marxes do contrafactum. Contributo para o estudo da apropiación de discursos alleos na poesía medieval galego-portuguesa”, Xosé Bieito Arias Freixedo amplía a reflexión sobre a práctica da contrafactura e da tradicionalmente chamada pola crítica “cantiga de seguir”, para despois pasar a examinar máis detalladamente sete casos, cada un deles consistente nun par de cantigas entre as que se advirte un “diálogo” intertextual, facilitando a constatación de coincidencias a nivel formal, expresivo e conceptual.
Os dous capítulos seguintes versan sobre senllos ciclos satíricos; os dous casos analizados implican autores e personaxes distintos, localizables en coordenadas cronolóxicas e xeográficas claramente diferenciadas. Así, en “Uns cavaleiros de Lemos: poética y política en las cantigas de Lopo Lias”, Gema Vallín examina o célebre conxunto de cantares elaborado por Lopo Lias, destinado a facer burla dos catro cabaleiros de Lemos. Neste é posible recoñecer alusións e referencias onomásticas varias, pero será a partir da información que se contempla na rúbrica que a investigadora avanza unha nova hipótese sobre os catro irmáns, aproximándoos ao círculo de D. Rodrigo Gomez de Trastámara. Na seguinte contribución poderá encontrarse outro exemplo do desafío que supón encarar a identificación das figuras referidas nos textos e nos ciclos de natureza satírica. O capítulo “As redes político-persoais na corte de Afonso IV: reinterpretación do ciclo poético sobre Martin Vasquez” está centrado na serie de escarnios que se dirixiu contra Martin Vasquez, personaxe que se recoñece como albo común aos trobadores Estevan da Guarda e o Conde D. Pedro.
Como núcleo esencial para a creación literaria e trobadoresca desde mediados do século XIII, o espazo cortesán afonsino defínese como un recoñecido punto de confluencia entre intelectuais e autores de diversas orixes, destacadamente trobadores e xograres de procedencia galega e portuguesa. Igualmente transcendente é a faceta de Alfonso X como autor e promotor da lírica. As tres contribucións que completan o libro están dedicadas a textos confeccionados polo monarca ou por trobadores que visitaron ou permaneceron no seu círculo máis próximo, caracterizados polo “diálogo” ou por contemplar referencias a personaxes de relevancia socio-política ou relixiosa. Ademais, ilústrase a pertinencia de atender non só ao contexto literario en que tales textos foron concibidos e divulgados, senón tamén ao ideolóxico e sociocultural, así como ás relacións históricas e as dinámicas políticas.
Entre os múltiples contactos establecidos entre as escolas occitana e galego-portuguesa, sobresae o intercambio propiciado polo trobador narbonés Guiraut Riquier a través da Supplicatio (1274) e da correspondente resposta, a Declaratio (1275), de Alfonso X. Tradicionalmente interpretada como reacción á xograría e á decadencia dos valores esenciais do trobadorismo, no capítulo “Guiraut Riquier e a transición poética baixomedieval, entre o trobadorismo e a poesía de cancioneiro”, Santiago Gutiérrez García achega unha nova interpretación sobre a intencionalidade de Guiraut Riquer, ao contemplar a confección da Supplicatio e da Declaratio nunha época marcada polo cambio no sistema dos saberes, con repercusións na percepción sobre a creación literaria e a obra poética.
Nos dous últimos capítulos, desenvólvese unha liña de investigación que conxuga a historia política e a lírica galego-portuguesa. En primeiro lugar, en “Memoria y (contra)propaganda lírica de los infantes de Castilla (1252–1295)”, Jose Ángel Salgado Loureiro examina desde unha perspectiva interdisciplinar unha serie de cantigas confeccionadas no transcurso da segunda metade do século XIII, época marcada polos conflitos políticos e de sucesión, as cales se caracterizan por estaren dedicadas ou incluíren referencias a diversos infantes de Castela (D. Enrique, D. Manuel e os Infantes de la Cerda); a contribución busca facer máis visible o contexto e as motivacións polas que os respectivos autores procurarían propagar dunha determinada corrente de opinión no seu círculo. A continuación, completando o volume, en “Outra ollada ao reinado de Afonso X: as cantigas de escarnio e as relacións entre monarquía e papado”, Mariña Bermúdez Beloso fai un percorrido entre a produción satírica afonsina para, despois, centrarse na canción ‘Se me graça fezesse este Papa de Roma’ (B463) desde unha perspectiva da historia política. Coa finalidade de explorar cal sería o contexto de elaboración e a identidade da figura aludida na sátira, a contribución dá conta da complexidade das relacións establecidas entre a monarquía e o papado durante o reinado afonsino; a análise deste aspecto resulta indispensable para a valoración do cantar, ao tempo que este se define como singular testemuño da conflitiva relación.
Trobadores, cancións e memoria: as redes da lírica galego-portuguesa é un volume que se concibiu coa vontade de responder a obxectivos definidos no proxecto de investigación competitivo REDES LÍRICAS (ref. CNS2022-136047, financiado polo MICIU/AEI/10.13039/501100011033 e a Unión Europea NextGenerationEU/PRTR) dedicado á exploración dunha parte das conexións entre autores galego-portugueses, sobre todo a través dos diálogos e dos ciclos satíricos, sen descoidar o contexto literario, sociocultural e histórico. Conexións plurais e complexas nas que cumprirá aínda continuar a traballar desde diferentes perspectivas. As contribucións que conforman o presente libro corresponden a especialistas convidados a colaborar desde o ámbito da Filoloxía e da Historia medieval, procurando harmonizar liñas de investigación e establecer sinerxias atendendo a intereses comúns sobre o legado lírico galego-portugués.
Details
- Pages
- X, 252
- Publication Year
- 2026
- ISBN (ePUB)
- 9783631941249
- ISBN (PDF)
- 9783631941256
- ISBN (Hardcover)
- 9783631932438
- DOI
- 10.3726/b23344
- Publication date
- 2026 (May)
- Keywords
- literatura ibérica medieval lírica galego-portuguesa historia medieval intertextualidade redes socioculturais diálogos e literatura dialóxica sátira sátira política polémica literaria trobadores autores galego-portugueses
- Published
- Berlin, Bruxelles, Chennai, Lausanne, New York, Oxford, 2026. x, 252 p., 4 il. blanco/negro, 10 tablas.
- Product Safety
- Peter Lang Group AG