Palcos e(n) ditadura
Perspectivas ibéricas a partir do teatro galego
Summary
Desde unha perspectiva ibérica comparatista que toma o galego como punto de partida, reúnense investigacións que oferecen lecturas renovadas sobre os diferentes sistemas teatrais peninsulares. Os traballos analizan obras que non tiñan recibido a atención crítica que merecían, densifican os estudos sobre a censura teatral, superan visións reducionistas do perfil dalgúns creadores para reivindicar a modernidade das súas prácticas, estudan os arquivos dos exiliados apontando títulos e autorías, salientan a relevancia do teatro importado durante ese período ou recoñecen a centralidade de dramaturgas marxinadas polo marco androcéntrico.
Excerpt
Table Of Contents
- Cubrir
- Página de título
- Página de derechos de autor
- Índice de contenidos
- Figuras
- Reconstruír os relatos: o teatro durante as ditaduras ibéricas do século XX
- Parte 1: A censura teatral durante os réximes salazarista e franquista
- “Con limitación geográfica”: teatro, territorio y censura bajo el franquismo (Diego Santos Sánchez)
- I. Campo teatral y público
- II. “Minorías selectas”
- III. “Con limitación geográfica”
- IV. Las Delegaciones Provinciales
- V. Naciones, lenguas y traducciones
- VI. Conclusiones
- VII. Bibliografía
- Cultivo da cegueira e teatro silenciado no Estado Novo (Sebastiana Fadda)
- I. Prólogo
- II. A Censura e as Leis de Imprensa
- III. A Ditadura nas escavações da memória
- IV. Prática censória e teatro
- V. Bibliografia
- Sitiografia
- Nota final
- María Xosé Queizán, autora dramática censurada: Non convén chorar máis (1967) e Aran os bois e chove (1974) (Teresa López)
- I. Introdución
- II. Queizán, autora dramática
- III. Unha obra inédita prohibida: Non convén chorar máis
- IV. A poesía como material dramático
- V. Non convén chorar máis: poesía e censura
- VI. Non convén chorar máis: a proposta escénica
- VII. Unha nova tentativa: Aran os bois e chove
- VIII. Conclusións
- IX. Bibliografía
- Parte 2: Actividade dramática nas marxes do factíbel
- El teatre valencià durant el franquisme: de la crisi del teatre popular al teatre independent (Ramon X. Rosselló)
- I. Introducció
- II. Al voltant d’una periodització com a punt de partida
- III. Els primers anys després de la victòria franquista (1939-1946)
- IV. De la recuperació del teatre professional a una crisi de model (1946-1962)
- El teatre professional
- El teatre de cambra
- Final d’etapa amb crisi al fons
- V. Entre la crisi teatral i l’empenta del valencianisme polític i cultural (1962-1968)
- VI. Un canvi de rumb: l’hora del teatre independent
- VII. Conclusions
- VIII. Bibliografia
- Teatro Estudio de Ferrol (1957-1967). Un Centro Dramático Local residente no Instituto de Bacharelato Concepción Arenal (Francisco oti Ríos)
- I. Algunhas notas iniciais
- II. Contexto en que nace Teatro Estudio
- III. Cuestións metodolóxícas
- IV. Por que o nome Teatro Estudio?
- V. Os primeiros pasos
- VI. O repertorio
- VII. Ao cabo
- VIII. Bibliografía
- Parte 3: A importación de modelos externos
- Teatre estranger, política i censura en l’escena barcelonina (1939-1975) (Enric Gallén)
- I. Amb la prèvia
- II. Política, cultura i censura 1: Gabriel Arias Salgado
- Teatre estranger en llengua catalana a la primera meitat dels anys cinquanta
- Teatre estranger de postguerra en llengua espanyola a la segona meitat dels anys cinquanta
- Les “Normas a qué habrá que ajustarse el nuevo régimen que se establece, con carácter provisional, para representar obras extranjeras en catalán” (1957)
- III. Política, Cultura i Censura 2 i 3: de Fraga Iribarne a León Herrera
- De les “Normas de Censura Cinematográfica” (1963) a l’ “Informe sobre la Censura Cinematográfica y Teatral” (1964)
- Els informes de la Delegación Provincial del MIT a Barcelona (1966-1977)
- IV. Conclusions
- V. Bibliografia
- Fonts primàries
- Fonts secundàries
- Teatro de filiación brechtiana na Galiza durante o tardofranquismo e a transición: as sucesivas tentativas de teatro documento de Rodolfo López-Veiga na estela de Ricard Salvat (Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes)
- I. Ricard Salvat, Castelao e Brecht
- II. Castelao e a sua época chega ás mans de López-Veiga
- III. Canto para un poeta malencónico
- IV. A versión galega de Castelao e a sua época
- V. Proceso a un home chamado Castelao
- VI. Conclusións
- VII. Bibliografía
- Parte 4: Exilios dos sistemas teatrais peninsulares
- Frankismoko erbestealdiko euskal teatroaren hirusta paradigmatikoa: A.M. Labaienen, S. Mitxelenaren eta M. Ugalderen obra bana erbeste komunitatea definitzeko (Idoia Gereñu Odriozola)
- I. Sarrera eta testuingurua
- II. Erbestea literaturarako eta dramagintzarako atea
- III. Hirusta paradigmatikoa
- Antonio Maria Labaien eta Lurrikara
- Salbatore Mitxelena eta Erri bat Guruzbidean
- Martin Ugalde eta Ama gaxo dago
- IV. Hiru bide, teatro bakarra: erbestekoa
- V. Bibliografia
- Unha ollada ao estado do patrimonio (non só teatral) da comunidade galega de Buenos Aires: historia, significación, dispoñibilidade, futuro…? (Ruy Farías)
- I.
- II.
- III.
- IV.
- V.
- VI. Bibliografía
- Unha oportunidade transatlántica para o teatro galego durante o franquismo: a participación da literatura dramática nos certames do Centro Galego de Buenos Aires (Diego Rivadulla Costa)
- I. Algunhas consideracións iniciais
- II. O Centro Galego de Buenos Aires: aposta cultural e dimensión teatral
- III. Os concursos literarios do Centro Galego: un ambicioso e exitoso proxecto
- IV. O teatro nos concursos do Centro Galego (1945-1973): unha revisión incompleta
- V. Coda: balance e retos dun estudo en curso
- VI. Bibliografía
- Parte 5: Pezas que non atinxiron o palco no século XX
- Aliados, exiliados e refuxiados no teatro escrito por Borobó durante a ditadura franquista (Ana Acuña Trabazo)
- I. Introdución
- II. Marco teórico e metodolóxico
- III. O teatro de Borobó, un teatro na ditadura
- IV. Teatro inédito e inaudito
- V. Elección parcial
- VI. Aura y el complejo de Polícrates
- VII. Consideracións finais
- VIII. Bibliografía
- A singularidade de Esquema de farsa de Luís Seoane (Micaela rei Castro)
- I. Introdución
- II. Contextualización: o teatro en Luís Seoane
- III. As obras teatrais de Seoane: influxos e pensamento teatral en Esquema de farsa
- IV. Esquema de farsa
- V. Conclusións: Esquema de farsa e a súa singularidade
- VI. Bibliografía
- Autoras e autores
- Índice
Palcos e(n) ditadura
Perspectivas ibéricas a partir do teatro galego
Oxford · Berlin · Bruxelles · Chennai · Lausanne · New York
Bibliographic information published by the Deutsche Nationalbibliothek
The German National Library lists this publication in the German National Bibliography; detailed bibliographic data is available on the Internet at http://dnb.d-nb.de.
A catalogue record for this book is available from the British Library.
Library of Congress Cataloging-in-Publication Data
Names: Biscainho-Fernandes, Carlos-Caetano, 1968- editor | Rivadulla Costa, Diego, 1990 - editor
Title: Palcos e(n) ditadura : perspectivas ibéricas a partir do teatro galego / Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, Diego Rivadulla Costa (eds.).
Description: Oxford ; New York : Peter Lang, 2025. | Series: Hispanic studies: culture and ideas, 1661-4720 ; volume no. 97 | Includes bibliographical references and index. | Seven contributions in Galician, 2 in Catalan, 1 in Basque, 1 in Portuguese, 1 in Spanish.
Identifiers: LCCN 2025012878 (print) | LCCN 2025012879 (ebook) | ISBN 9781803747996 paperback | ISBN 9781803748009 ebook | ISBN 9781803748016 epub
Subjects: LCSH: Theater and state--Iberian Peninsula | Theater--Iberian Peninsula--History--20th century | Dictatorship in the theater--Iberian Peninsula | Fascism and theater--Iberian Peninsula | Iberian Peninsula--Literatures--History and criticism | Dictatorship in literature
Classification: LCC PN2044.I24 P35 2025 (print) | LCC PN2044.I24 (ebook) | DDC 791.430946/0904--dc23/eng/20250527
LC record available at https://lccn.loc.gov/2025012878
LC ebook record available at https://lccn.loc.gov/2025012879
Publication derived from the R&D&i project PID2020-115649RB-I00 “Recuperación do patrimonio teatral da Galiza 4 (1936-1973). Emigración, exilio e resistencia interior”, funded by MCIN/AEI/10.13039/501100011033.
Cover image: Carimbo da censura de teatro en España durante a ditadura franquista (Dirección Xeral de Cultura Popular e Espectáculos) [Imaxe depositada na Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor da Universidade da Coruña]. Photograph by Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes © 2024.
Cover design by Peter Lang Group AG
ISSN 1661-4720
ISBN 978-1-80374-799-6 (Print)
ISBN 978-1-80374-800-9 (E-PDF)
ISBN 978-1-80374-801-6 (E-PUB)
DOI 10.3726/b22402
© 2025 Peter Lang Group AG, Lausanne (Switzerland)
Published by Peter Lang Ltd, Oxford (United Kingdom)
info@peterlang.com - www.peterlang.com
Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes and Diego Rivadulla Costa have asserted their right under the Copyright, Designs and Patents Act, 1988, to be identified as Editors of this Work.
All rights reserved.
All parts of this publication are protected by copyright.
Any utilisation outside the strict limits of the copyright law, without the permission of the publisher, is forbidden and liable to prosecution.
This applies in particular to reproductions, translations, microfilming, and storage and processing in electronic retrieval systems.
This publication has been peer reviewed.
Índice
Reconstruír os relatos: o teatro durante as ditaduras ibéricas do século XX
PARTE 1: A CENSURA TEATRAL DURANTE OS RÉXIMES SALAZARISTA E FRANQUISTA
“Con limitación geográfica”: teatro, territorio y censura bajo el franquismo
Cultivo da cegueira e teatro silenciado no Estado Novo
PARTE 2: ACTIVIDADE DRAMÁTICA NAS MARXES DO FACTÍBEL
El teatre valencià durant el franquisme: de la crisi del teatre popular al teatre independent
PARTE 3: A IMPORTACIÓN DE MODELOS EXTERNOS
Teatre estranger, política i censura en l’escena barcelonina (1939-1975)
CARLOS-CAETANO BISCAINHO-FERNANDES
PARTE 4: EXILIOS DOS SISTEMAS TEATRAIS PENINSULARES
PARTE 5: PEZAS QUE NON ATINXIRON O PALCO NO SÉCULO XX
Aliados, exiliados e refuxiados no teatro escrito por Borobó durante a ditadura franquista
Figuras
Figura 1: Páxinas do caderno de dirección de Rodolfo López-Veiga para Canto para un poeta malencónico, estreada en 1971 [Base de Datos do Teatro Galego (1936-1973)]
Figuras 2, 3 e 4: Fotografías de Canto para un poeta malencónico (1971), dirixido por López-Veiga e interpretado polo Grupo de Teatro Rosalía de Castro de Compostela [Base de Datos do Teatro Galego (1936-1973)]
Figura 5: Fotografía de “Borobó” con Xosé Luís Franco Grande, Ramón Cabanillas Enríquez e Xosé Manuel Nogueira [Arquivo familiar de Raimundo García Domínguez “Borobó”]
Reconstruír os relatos: o teatro durante as ditaduras ibéricas do século XX
Como é ben sabido, a ditadura franquista aplicou unha inxente enerxía coercitiva na represión das expresións culturais que non coincidisen co marco ideolóxico omnimodamente imposto, marco que incluía unha idea moi concreta e uniforme de España, ben como unha concepción lingüística fortemente supremacista que reprobaba as manifestacións artísticas que estivesen vehiculizadas nunha lingua diferente do castelán.
Este período é tradicionalmente descrito pola historiografía dramática galega como unha altura de exigua actividade dramática na lingua propia, unha actividade, para mais, restricta aos espectáculos dos coros populares en que se reproducían os tópicos denigratorios do pobo galego que difundía a cultura oficial do réxime, proxectando unha especial saña sobre os personaxes galegofalantes con limitada competencia no idioma imposto.
Neste relato historiográfico –en ocasións aínda moi textocéntrico–, até a viraxe da década de sesenta para a de setenta as únicas excepcións a esta regra foran protagonizadas nun contexto escolar –e de maneira case heroica– por algún dos vultos da resistencia interior, entre os que se salientan nomes como Ricardo Carvalho Calero ou Avelino Pousa Antelo –o labor teatral de mestras como Aurora Vidal Martínez, Edelmira Cacheda ou Dora Vázquez fica, como vemos, invisibilizado polo marco androcéntrico, dominante na altura e aínda hoxe non completamente desactivado no ámbito académico. Ao realizado por estas persoas acrecéntase, obviamente, o labor dos teatros de cámara.
Segundo esta narrativa, a actividade escénica en galego tíñase refuxiado nas colectividades de coterráneos transterrados, en particular nas capitais americanas do Río da Prata, encabezada, en moitos dos casos, por intelectuais exiliados. E mesmo este movemento dramático de alén mar adoita ser reducido a episodios moi concretos ligados aos grandes eventos e nomes totémicos do exilio galego, que se presentan bastante desligados e de maneira atomizada, ignorando desta forma os axentes máis discretos, os vectores que atravesaron toda esa actividade, unha parte relevante do contexto en que se produciu e as lóxicas internas que condicionaron o feitío final desa produción escénica.
No entanto, os primeiros resultados do proxecto de I+D+i PID2020-115649RB-I00 “Recuperación do patrimonio teatral da Galiza 4: emigración, exilio e resistencia interior (1936-1973)” –financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033– achegaban un panorama en parte diferente, ao punto de, por veces, devolver informacións contraintuitivas ou directamente discordantes co discurso historiográfico que vimos de describir. Así, por exemplo, a Base de Datos do Teatro Galego (1936-1973) –recurso nacido dese proxecto– incorporaba unha nómina de máis de oitocentas persoas vinculadas á práctica escénica en galego durante ese intervalo temporal, impugnando nalgunha medida a idea de se tratar dunha actividade moi minoritaria. Igualmente, tíñanse identificado tentativas vangardistas –brechtianas, entre outras– que non condicían coa tipoloxía de espectáculos descrita para a época no relato historiográfico dominante.
Unha das vías ensaiadas nos últimos anos no intuito de delinear unha visión deste momento do teatro galego que incorporase factores en certa medida invisíbeis –mais completamente determinantes para a creación escénica galega no período en foco– ten sido a atención aos procesos de control practicados pola Xunta de Censura de Obras Teatrais instaurada polo réxime franquista.
Con todo, no contexto galego as análises dos expedientes da censura teatral aínda continuaban a ser moi escasas, concibíanse como “primeiras aproximacións” –eis a publicada por Óscar Fernández Poza no número 23 da revista Madrygal– ou limitábanse a unha nómina reducidísima de autores e títulos –Paco Pixiñas e a nave espacial, por exemplo.
Outra das liñas de investigación –desenvolvida principalmente nas dúas últimas décadas– é a dos estudos da memoria, que se ten interesado en especial polos pasados violentos e conflitivos das sociedades occidentais contemporáneas en relación coas dinámicas socioculturais do presente. Nas diversas interseccións en que se cruzan cos estudos literarios –en consonancia co seu carácter interdisciplinario–, os estudos da memoria abren múltiples posibilidades de pesquisa da produción teatral aínda por explorar.
Estes estudos da memoria cultural e literaria teñen encontrado un importante desenvolvemento no emerxente campo dos estudos ibéricos, erixidos en datas recentes nunha área que convida a explorar as relacións entre os diversos sistemas literario-culturais que conviven no territorio peninsular, abrindo renovadas vías de pesquisa que se valen de enfoques comparatistas –frecuentemente combinados cunha perspectiva transnacional e transatlántica– para o estudo tanto da produción dramática canto da actividade escénica en determinados períodos históricos como o que aquí nos ocupa; unha análise que, no entanto, non tiña sido desenvolvida de maneira profunda e sistemática até o momento.
Perante este estado das cousas, desde o proxecto de investigación antes referido promoveuse un espazo de actualización e partilla das pesquisas á volta do percurso do campo escénico galego durante as décadas de ditadura franquista, mais tamén relativamente ao doutros correlatos peninsulares concomitantes, coa intención de compartir focaxes e vías de análise, así como estabelecer eventuais analoxías ou diverxencias. O marco escollido para este diálogo foi o dun simposio internacional, celebrado finalmente na Coruña no mes de maio de 2024 baixo o título Teatro e ditadura no século XX: contextos ibéricos.
Os magníficos resultados deste espazo de encontro levaron a encoraxar a quen tiña participado a dar proseguimento ás súas indagacións sobre estes temas, con vistas a reunir os resultados nunha publicación colectiva especializada. A resposta positiva das persoas desafiadas levou a que, varios meses despois, comezásemos a considerar a idea de dar forma a este volume, que, desde os seus primeiros pasos, representou máis un incentivo para avanzar nas pesquisas xa iniciadas e no trazado de pontes entre a realidade escénica galega desa altura e a dos outros sistemas teatrais peninsulares.
Os traballos escollidos para integrar este libro foron agrupados en cinco bloques de contido, sempre co obxectivo de pór en conexión os estudos que focasen a actividade dramática galega coas investigacións que se centrasen noutras dramaturxias e, consecuentemente, sen estabelecer seccións en función do sistema teatral ou a lingua empregada. Alén diso, en coherencia coa diversidade temática e a dimensión transnacional do tema, os capítulos están escritos nas diferentes linguas ibéricas: galego, catalán, éuscaro, portugués e castelán.
O primeiro dos agrupamentos, so a epígrafe “A censura teatral durante os réximes salazarista e franquista”, apunta para as dinámicas represivas postas en andamento polas ditaduras portuguesa e española, aprofundando nalgún aspecto até hoxe pouco considerado pola investigación académica –como as modalidades de público que se estabelecían, de maneira máis ou menos explícita, na aplicación das normas censoras– e achegando un exemplo suficientemente relevante das consecuencias desa presión coercitiva na sorte escénica dalgúns textos dramáticos e até na continuidade da produción de pezas teatrais por parte das autoras.
Este bloque iníciase cun estudo asinado por Diego Santos en que o investigador formula a hipótese de que –para alén da evidente tensión entre os sistemas teatrais periféricos configurados antes do golpe de Estado e o sistema único propugnado polo novo réxime totalitario–, os presupostos en que se apoiaba a coacción franquista proxectada sobre a actividade escénica mantiñan unha forte relación coa cuestión territorial, como consecuencia dos diversos tipos de teatro e modalidades de público estabelecidos polo sistema censor, que discriminaba entre espectadores normais –sobre os que proxectaba unha visión paternalista que procuraba evitar que accedesen a discursos corrosivos– e as minorías preparadas para o acceso a todo tipo de teatro, máis frecuentes nas cidades grandes. Na investigación constátase que, embora sen formulación explícita, foron configurados distintos itinerarios censores consonte unha xerarquía poboacional, con imposicións diferenciadas –exixencia ou non de visado do ensaio xeral, por exemplo– e diverxencias no escrutinio de criterios estéticos, morais ou políticos, visto que o territorio condicionaba o tipo de público. En calquera caso, sempre desde a visión fortemente centralista do nacionalismo homoxeneizador que caracterizaba o réxime ditatorial.
Desde o Centro de Estudos de Teatro da Universidade de Lisboa, Sebastiana Fadda realiza a seguir un percurso polas prácticas censoras en Portugal até chegar ao período autócrata do Estado Novo (1933-1974) e as fórmulas represivas aplicadas ao teatro, tanto no seu aspecto editorial como no escénico –fórmulas continuadoras dos modelos previamente aplicados pola Censura Inquisitorial e a Real Mesa Censória. Durante a ditadura do século XX, a realidade portuguesa presentada nas pezas debía condicir cos valores do réxime e coa idealización sublimada que este espallaba, en que non cabían as calamidades, as visións negativas de Portugal ou o sinalamento de eivas ou disfuncións na administración pública –tampouco, é evidente, a propia existencia de censura. No seu traballo, Fadda describe igualmente o sucedido despois da revolución de 1974, altura en que son dados a coñecer materiais que constatan, dunha parte, o nivel da violencia represiva exercida polo salazarismo e, doutra, os procesos de rescate da memoria escénica e de conservación do patrimonio teatral. A investigadora avanza logo para o levantamento sistemático de todo o publicado sobre estas cuestións, repasando as pezas e autores total ou parcialmente prohibidos durante este período, cun foco especial nas figuras de Alfredo Cortez, Luiz Francisco Rebello e outros protagonistas do período como Carlos Avilez ou Manuela de Freitas.
Após ter recuperado recentamente pezas ignoradas de Daniel Cortezón, Teresa López perscruta nesta ocasión o periplo na censura do proxecto dramático dunha autora de grande relevancia no nacemento do movemento feminista galego da segunda metade do século XX, moi envolvida na superación do marco androcéntrico no campo literario galego. Non convén chorar máis e Aran os bois e chove foron as dúas tentativas sucesivas deste heteróclito deseño de creación dramatúrxica concibido por María Xosé Queizán a partir de textos literarios –maiormente poéticos– dunha extensa relación de autoras e autores galegos do século XX aos que acrecentaba os tres nomes canónicos do XIX –Rosalía, Curros e Pondal–, que, no intento de obter a autorización, foi presentado perante a autoridade censora con estratexias como sinalar o escaso impacto que a obra podía ter alén do estritamente cultural. A investigadora mostra que a recusación por parte dos censores desta primeira tentativa –centrada na disposición escenográfica, que foi considerada demagóxica– non impediu que, sete anos máis tarde, Queizán insistise no seu proxecto, neste caso so o título Aran os bois e chove. O traballo enumera as diferentes tácticas postas en andamento pola responsábel da dramaturxia para que esta superase o obstáculo censor, estratexias atenuadoras que non evitaron un novo recusamento que impediu a súa encenación e provocou que este proxecto dramatúrxico non fose incorporado ao relato historiográfico do teatro galego da segunda metade do século pasado.
Details
- Pages
- X, 402
- Publication Year
- 2025
- ISBN (PDF)
- 9781803748009
- ISBN (ePUB)
- 9781803748016
- ISBN (Softcover)
- 9781803747996
- DOI
- 10.3726/b22402
- Publication date
- 2025 (December)
- Keywords
- Theatre Censorship Iberian Dictatorships Exile Francoism Salazarism Galician literature History of Theatre Galician Heritage Theatres in Barcelona Valencia Theatre Foreign Theatre Basque Theatre Portuguese Theatre Galician Theatre
- Published
- Oxford, Berlin, Bruxelles, Chennai, Lausanne, New York, 2025. x, 402 p., 5 il. blanco/negro, 1 tablas.
- Product Safety
- Peter Lang Group AG